Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2024

A comisión técnica das bibliotecas municipais avaliará os pasos a dar para unificar a rede

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, explicoulle hoxe aos grupos os traballos levados a cabo desde o Concello para mellorar o servizo

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presidiu hoxe a Comisión Especial de Bibliotecas, o órgano deseñado para avanzar na reunificación da Rede de Bibliotecas Municipais,. Castro explicou que xa se teñen dado pasos cara a ese obxectivo cunha primeira reunión da comisión técnica, que volverá xuntarse nas próximas semanas para facer un diagnóstico preciso do servizo e da súa estrutura e avaliará as distintas opcións para deseñar o seu futuro.

O concelleiro avanzou que é esencial analizar as alternativas viables, análise que terá en conta todos os informes técnicos e xurídicos precisos para concretar un proceso gradual.

"É importante avanzar na unificación da rede e o estamos a facer, mais cómpre dar pasos con prudencia e seguridade xurídica", sinalou Castro, que considera as bibliotecas un servizo esencial. "Nese novo modelo contaremos coa  opinión de todos, sen perder nunca de vista que o noso obxectivo é acadar un servizo público mellor", explicou.

A Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña foi pioneira en Galicia e hoxe en día segue a ser unha referencia a nivel nacional. Desde o Concello obxectivo é potenciar dita rede e mesmo expandila a outros puntos da cidade onde aínda non ten presenza.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión