21 de abril de 2025
As entradas para o espectáculo ‘Rhythm of the Dance’ sairán á venda este martes 22 de abril
A Compañía Nacional de Danza de Irlanda actuará no Teatro Colón da Coruña os días 6 e 7 de novembro. As entradas para o espectáculo 'Rhythm of the Dance' sairán á venda este martes, 22 de abril. "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos apostando por actuacións e espectáculos singulares e exclusivos nos nosos espazos culturais, amosando o folclore de países como Irlanda coa súa compañía de referencia", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
A Compañía Nacional de Danza de Irlanda presentará o seu espectáculo de danza 'Rhythm of the Dance', que puxo en pé a audiencias de todo o mundo durante máis de 24 anos. Visto por 7 millóns de persoas en máis de 50 países, o pasado 2024 celebrou o seu 25 aniversario. Trátase dun dos tres espectáculos irlandeses máis importantes do mundo.
Con músicos tocando en directo, cantantes e bailaríns de primeira liña mundial, o espectáculo é unha experiencia completamente cativadora de ritmos palpitantes interpretados á velocidade do raio e con fantásticas coreografías. Unha viaxe a través da historia de Irlanda, desde a antiga, rica en lendas e mitos, ata a Irlanda moderna e urbana que vemos hoxe, chea de talento.
Irlandés en esencia, cun novo toque desde as súas raíces en Sean Nos (que significa estilo antigo) ata o estilo moderno que vemos hoxe, esta nova produción de 'Rhythm of the Dance' leva á audiencia nunha emocionante viaxe sen descanso durante dúas horas.

22 de diciembre de 2025

15 de noviembre de 2025

31 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible