Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2025

A Coruña acolle a I Feira Saúde e Sociedade: un encontro para promover saúde, benestar e inclusión social

A xornada celebrarase este sábado 15 de novembro, de 9.30 a 14.00 h no Centro Ágora, con stands, obradoiros e espazos de encontro entre comunidade universitaria, entidades sociais e veciñanza, reforzando alianzas pola saúde, o benestar e a inclusión social

A Universidade da Coruña, a través da súa unidade UDC Saudable, e o Concello da Coruña, organizan a I Feira Saúde e Sociedade, unha xornada aberta e participativa que pon en valor o papel da Universidade, das entidades sociais e do tecido asociativo na promoción da saúde, no benestar e na inclusión social da cidadanía.

A cita será este sábado 15 de novembro entre as 9:30 e as 14:00 h no Centro Ágora e celébrase no marco do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña e constitúe unha iniciativa impulsada polo Concello da Coruña, a Vicerreitoría  do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, e a oficina UDC Saudable. O proxecto busca reforzar alianzas entre institucións públicas e o terceiro sector para construír unha resposta común ás necesidades de saúde e vulnerabilidade da contorna. A cita forma parte das actividades impulsadas polo Goberno de Inés Rey para favorecer a inclusión social na cidade. 

Na I Feira participará un amplo abanico de asociacións, entidades e recursos  relacionados coa promoción da saúde, a prevención da enfermidade e o apoio social e a atención a colectivos vulnerables. Entre as organizacións presentes atópanse: Asociación Coruñesa de Epilepsia, Asociación Española Contra o Cancro (AECC), ASARGA - Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial, Fundación INGADA - Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados, QuerENDO - Mulleres con Endometriose, Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), ASFEDRO - Asociación Ferrolá de Drogodependencias, Dano Cerebral Galicia, Asotrame - Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea, ENKI - Inclusión en movemento, ALCER Coruña - Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril, LRG - Liga Reumatolóxica Galega, FEGEREC - Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, SEDRA - Federación de Planificación  Familiar Estatal, AGL - Asociación Galega de Linfedema e Lipedema, Espazo Compartido e UDC Saudable - Universidade da Coruña.

Programación

  • 09:30 - Apertura de portas: stands, exposicións e actividades informativas e participativas.
  • 09:30-12:00 - Actividades, demostracións, asesoramento e talleres a cargo das entidades participantes.
  • 12:00 - Recepción de autoridades e acto institucional (recepción de autoridades na zona principal).
  • 12:15-12:45 - Intervencións institucionais e corte simbólico de acto (breve).
  • 12:45-14:00 - Continuación de actividades, networking e peche da feira.

A I Feira Saúde e Sociedade pretende facilitar un espazo de encontro entre a comunidade universitaria e a cidadanía para compartir recursos e boas prácticas, visibilizar o traballo das asociacións e entidades sociais en materia de saúde e inclusión e fomentar a colaboración entre institucións, profesionais, alumnado e persoas interesadas no benestar comunitario.

Convidase a toda a comunidade universitaria e á cidadanía a participar, coñecer os recursos sanitarios e sociosanitarios e sumar esforzos nunha iniciativa que quere contribuír a unha cidade e unha universidade máis saudables, solidarias e inclusivas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión