Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2024

A Coruña acollerá unha mostra sobre o arquitecto e urbanista galego Antonio Palacios, co gallo do 150 aniversario do seu nacemento

A exposición estará aberta ás visitas a partir do vindeiro 26 de febreiro, na Sala Municipal de Exposicións do Palexco. O acceso é de balde

A Sala Municipal de Exposicións do Palexco acollerá desde o vindeiro luns 26 a mostra 'Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo', unha exposición que lembra a figura e traxectoria do arquitecto e urbanista galego, un dos máis destacados profesionais da historia da arquitectura en España.

Neste 2024 cúmprense 150 anos do seu nacemento, e con motivo desta efeméride o Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), a Fundación Arquitectura COAM e o Ayuntamiento de Madrid, coa colaboración do Concello, organizaron o 'Ano Antonio Palacios', iniciado o pasado outono e que terá continuidade ao longo deste ano, con múltiples actividades previstas. Unha delas é precisamente a mostra 'Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo', comisariada por José Luis Varela Alén e Ricardo Sánchez Lampreave, e que pon en valor as obras e proxectos de Palacios, fundamentalmente en Galicia.

Agora, tras a estadía da exposición en Madrid, a mostra sobre Antonio Palacios chega á Coruña, en virtude do convenio existente entre o Concello da Coruña e a propia Fundación, promovido polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de que a cidade sexa receptora de futuras exposicións de interese nacional no eido da arquitectura.

Neste sentido, a sinatura do convenio partiu dunha primeira colaboración co Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM) en xaneiro do ano pasado, cando A Coruña acolleu unha exposición sobre o legado do arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún, gañador do Premio Nacional de Arquitectura no 1954.

A inauguración da mostra sobre Antonio Palacios, o luns 26 pola tarde

A apertura da mostra terá lugar o día 26, a partir das 19.30 horas. Estará aberta ata o 12 de abril, no horario habitual da Sala Municipal de Exposicións do Palexco: de luns a venres, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. O acceso será de balde.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión