Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2024

A Coruña avanza no proceso para ser sede do Mundial 2030

Técnicos da RFEF visitaron esta mesma semanas diversas instalacións susceptibles de converterse en subsedes de apoio á candidatura da cidade herculina e ó estadio municipal de Riazor

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, reuníronse esta mañá con representantes institucionais da Real Federación Galega de Fútbol e da Real Federación Española de Fútbol para avanzar na folla de ruta prevista na candidatura coa que a cidade opta a ser sede oficial do Mundial de fútbol do ano 2030.

Cómpre lembrar que os técnicos da RFEF visitaron esta mesma semana as diversas instalacións deportivas susceptibles de converterse en subsedes de apoio á candidatura da Coruña e o estadio municipal de Riazor. Estas instalacións, postas sobre a mesa pola Real Federación Galega de Fútbol, son sete, e están repartidas entre as provincias de A Coruña e Lugo. Concretamente, nos concellos de Abegondo, Arteixo, Ferrol, Lugo, Ordes, Santiago de Compostela e Vilalba.

Neste sentido, na reunión da comisión de avaliación da candidatura para fixar os prazos que marca a FIFA participaron tamén Antonio Leira, deputado provincial; Roberto García, por parte da Xunta; Iván Sánchez e Paulo Dinís de Brito por parte do Deportivo da Coruña; tanto o vicepresidente da área territorial da Coruña como o secretario xeral da Real Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar e Diego Batalla; e María Tato, integrante da Comisión organizadora do Mundial 2030 na Real Federación Española de Fútbol.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión