30 de setembro de 2025

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación, Vivenda e Edificación, Francisco Díaz, xunto a Miguel Abelleira Doldán, director da ETSAC, Antonio Río Vázquez, coordinador da Semana da Arquitectura, e a arquitecta Nuria Crespo, durante a presentación da sexta edición da Semana da Arquitectura no Palacio Municipal de María Pita.
O Concello, xunto coa ETSAC-UDC e o Colexio de Arquitectos, organiza unha semana con rutas, visitas, conferencias e mesas redondas arredor de prazas, parques e proxectos urbanos emblemáticos
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación, Vivenda e Edificación, Francisco Díaz, presentou hoxe no Palacio Municipal de María Pita a programación da sexta edición da Semana da Arquitectura, que se desenvolverá do 6 ao 12 de outubro baixo o lema "A cidade do público".
Díaz subliñou que a edición deste ano pon o foco nos espazos comúns da cidade, desde a praza de María Pita ata proxectos recentes de recuperación urbana, e destacou que "a arquitectura non só se mide polos edificios singulares, senón tamén polos lugares de encontro que constrúen a vida colectiva".
O director da ETSAC, Miguel Abelleira Doldán, salientou a importancia da difusión da cultura arquitectónica e lembrou que en novembro a Escola celebrará o 50 aniversario da súa primeira clase cunha exposición apoiada polo Concello. Pola súa parte, o coordinador da Semana, Antonio Río Vázquez, explicou o programa, concibido para achegar á cidadanía a arquitectura de prazas e parques.
Programación de actividades
Luns 6 de outubro
Martes 7 de outubro
Mércores 8 de outubro
Xoves 9 de outubro
Venres 10 de outubro
Sábado 11 de outubro
Domingo 12 de outubro
Para a visita á praza de María Pita será necesario inscribirse previamente en semanadaarquitectura2025@coruna.gal. O número máximo de participantes é de 40 persoas e o punto de encontro será na estatua da praza. Para o resto das visitas non se require inscrición previa nin existe límite de prazas.
Os talleres infantís tamén requiren inscrición previa no mesmo correo (semanadaarquitectura2025@coruna.gal). O aforo máximo é de 20 nenas e nenos, e deberán estar sempre acompañados dun adulto responsable.
A Semana da Arquitectura está organizada polo Concello da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (UDC) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

3 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025

10 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible