Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2024

A Coruña consolida o seu liderado no sector do turismo sostible coa 5.ª edición de BioCultura

Hoxe inaugurouse en EXPOCoruña a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos con 150 expositores e diversas actividades

A Coruña consolida o seu liderado como cidade referente dentro do sector do turismo sostible e acolle a quinta edición de BioCultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos que se inaugurou hoxe en EXPOCoruña e que estará aberta ao público ata o domingo.

O acto de inauguración contou con numerosas persoas asistentes, que puideron visitar ata 150 expositores dedicados a todo tipo de produtos ecolóxicos e sostibles relacionados coa comida, a artesanía, a moda sostible ou a estética e a saúde. Durante os próximos días espérase que miles de visitantes se acheguen ata BioCultura para coñecer as novidades do turismo do futuro, unhas bases que tamén comparte o Goberno de Inés Rey, que xa destacara en FITUR a importancia de traballar de maneira sostible para acadar obxectivos realistas que beneficien a cidade e potencien todo o seu valor paisaxístico, gastronómico, cultural ou patrimonial e minimizando o impacto en todos os ámbitos de actuación.

Durante este primeiro día de feira o público puido coñecer máis sobre o ecoturismo a través dunha xornada técnica na que varias persoas expertas presentaron diferentes visións sobre as actividades turísticas que se realizan en destinos cun rico ecosistema natural. Así, o principal tema da xornada centrouse nas alternativas lúdicas e de lecer que se poden desenvolver dunha maneira responsable e sostible para diminuír os impactos ambientais á vez que se fortalecen outros valores como os culturais, os gastronómicos ou os etnográficos.

BioCultura acollerá ata este domingo máis de 120 actividades como showcookings e catas de produtos como cafés, sidras ou algas, ademais de clases de cociña con receitas de aproveitamento. Tamén haberá oportunidade de participar en xornadas dedicadas á saúde como é o caso do OrganicFit Day, onde se abordará como mellorar o noso benestar de maneira transversal, ou de talleres sobre ecoestética. Tampouco faltarán os coloquios sobre bioconstrución.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión