Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de maio de 2023

A Coruña consolídase como destino MICE cun congreso nacional de xinecoloxía

A 12ª Reunión Científica GINEP 2023 reúne en Palexco a máis de 400 especialistas neste campo da medicina

A Coruña acolle hoxe e mañá a 12ª Reunión Científica GINEP 2023, un congreso nacional sobre xinecoloxía que reúne na cidade a máis de 400 xinecólogos/as do ámbito privado. Con este congreso, que ten lugar en Palexco, A Coruña consolida a súa posición como destino MICE. O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos da cidade, colabora no desenvolvemento deste foro referente en medicina.

Este congreso conta con relatores como José Eliseo Branco, xefe de Obstetricia do Hospital Clínico Universitario Virxe da Arrixaca (Murcia), Anna Blázquez, coordinadora científica médica na Clinica Eugin (Barcelona); Santiago Palacios, organizador das xornadas e director do Instituto Palacios de Saúde e Medicamento da Muller (Madrid); Alejandro Celestino Pazos Sierra, director do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC; Fernando Cobián Sánchez, xinecólogo na Coruña de longa traxectoria, Ignacio Cristobal, vicepresidente da Xunta da Directiva da Sociedade de Xinecoloxía e Obstetricia de Madrid, Jesús de la Fuente, xefe de sección de Xinecoloxía e Obstetricia no HU Infanta Leonor (Madrid-Vallecas) ou Antonio Gosálvez, Unidade de Reprodución Asistida no Hospital Universitario Quirón Saúde, Madrid, entre outros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión