17 de marzo de 2023
O turismo MICE ou de reunións é un dos principais eixes de acción do Goberno de Inés Rey
A Coruña participa a través do seu Consorcio de Turismo e Congresos no encontro que o Spain Convention Bureau celebra estes días en Mallorca. O turismo MICE ou de reunións é clave na estratexia turística do Goberno de Inés Rey, un segmento que ano tras ano medra na cidade herculina. A Coruña aposta polo turismo MICE e con ese espírito está presente neste evento que congrega a persoal especializado en turismo, que analiza as tendencias neste sector e a previsión para os próximos anos.
A Coruña segue a senda de España en turismo MICE, que en 2022 ascendeu ata o segundo posto do ránking mundial na organización de eventos internacionais, segundo o informe que cada ano elabora o prestixioso organismo internacional ICCA.
Participan nos debates desenvoltos en Mallorca desde onte o xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Moisés Jorge Naranjo, e o técnico en Turismo do Consorcio, Julio Fernández de la Iglesia. Nestas xornadas trataron temas relacionados coa evolución dos mercados europeos, a sostibilidade como elemento tractor dos destinos MICE, a necesidade de incorporar a dixitalización nos ditos destinos ou o impacto económico e a transformación social que leva este tipo de turismo.
A Coruña destaca pola súa aposta polo turismo MICE: só en 2022 tiveron lugar 11 feiras e 25 congresos, con preto de 200.000 visitantes, o que contribúe ao posicionamento da cidade como destino no ámbito nacional e internacional. Ademais, este tipo de estratexia, que pon o foco en congresos e grandes eventos culturais, contribúe á desestacionalización do turismo.
31 de maio de 2023
26 de maio de 2023
18 de maio de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible