23 de xuño de 2015
O evento, un dos máis relevantes no sector dos congresos, celebrarase do 7 ao 9 de xullo.
O Consorcio de Turismo participará do 7 ao 9 de xullo na feira The Meeting Show, que se celebra en Londres, un dos eventos máis importantes no sector dos congresos. A Coruña estará presente co seu propio espazo dentro do stand de España, onde tamén terán presenza outras cidades como Bilbao, Lanzarote, Málaga, San Sebastián, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Toledo ou Zaragoza. Esta iniciativa está promovida pola Spain Convention Bureau, organismo de promoción turística da FEMP, e que conta co respaldo da Oficina Española de Turismo de Londres.
O obxectivo de estar presente na feira londiniense é promocionar a conexión aérea con Londres-Heatrow e posicionar A Coruña no mercado británico como destino para a celebración de congresos e encontros profesionais, un mercado que xera un importante retorno económico para as cidades sede, tendo en conta que o gasto estimado medio por congresista ronda os 330 euros diarios.

9 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

26 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible