8 de marzo de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, participou na mobilización xunto ao equipo de Goberno municipal
6000 persoas participaron esta tarde na manifestación celebrada na Coruña con motivo do Día Internacional das Mulleres. A alcaldesa, Inés Rey, acompañada por integrantes do Goberno municipal, sumouse á mobilización xunto aos concelleiros Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes; Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade; e Montse Paz, concelleira de Seguridade Cidadá, e puxo en valor a importancia de continuar avanzando na igualdade real entre mulleres e homes.
"O 8 de marzo é unha xornada para reivindicar os dereitos conquistados e tamén para lembrar que a igualdade real entre mulleres e homes segue a ser un reto colectivo no que debemos seguir avanzando desde as institucións e desde o conxunto da sociedade", sinalou a alcaldesa.
"A defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista deben seguir sendo unha prioridade pública e non podemos dar ningún paso atrás nos dereitos das mulleres", engadiu Rey.
A marcha partiu ás seis da tarde do Obelisco e percorreu diversas rúas do centro da cidade ata a praza de Tabacos. Ao longo do percorrido escoitáronse consignas en defensa da igualdade, dos dereitos das mulleres e contra a violencia machista.
O Concello da Coruña desenvolve ao longo destas semanas unha programación específica con motivo do 8M, con actividades culturais, educativas e de sensibilización destinadas a promover a igualdade e a visibilizar o papel das mulleres en distintos ámbitos da sociedade.

7 de marzo de 2026

5 de marzo de 2026

4 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible