Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2023

A Coruña sitúase como epicentro da animación e os efectos visuais con Mundos Dixitais

Entre os relatores haberá profesionais de produtos audiovisuais como Avatar, Pinocho, Super Mario Bros ou Arcane

A Coruña é, unha vez máis, o epicentro da animación, efectos visuais e novos medios a nivel mundial. Do 6 ao 8 de xullo daranse cita na cidade expertos internacionais nestas áreas para desenvolver o congreso Mundos Dixitais, que cumpre 21 anos de xornadas na cidade.

As conferencias terán lugar en Palexco, un espazo privilexiado xunto á Mariña coruñesa, onde grandes nomes do audiovisual daranse cita. Alí estarán David Caeiro, ex alumno da Universidade da Coruña e FX Supervisor de Avatar, película gañadora do Óscar a Mellores Efectos Visuais no 2023, ou Guillermo Arambulo del Río, tamén formado na UDC, que formou parte de The Sea Best, a produción máis importante do ano de Sony Animation Studios e nomeada aos Oscars.

Tamén estará Carlos Grangel, responsable do deseño de personaxes do Pinocho de Guillermo del Toro, ou Christian Dan Bejarano, director de animación de Super Mario Bros, unha longametraxe que non deixa de bater récords. A axenda conta ademais cunha sesión especial con Emmanuelle Aubeau, Christelle Boco e Jordi Solanes, os creadores de Arcane, a serie inspirada no universo do videoxogo League of Legends.

Un programa repleto de actividades coa IA como protagonista

Entre o programa de actividades de Mundos Dixitais haberá presentacións, cafés con profesionais, proxeccións, unha feira de emprego e, ademais, o Festival Internacional de Animación. Este certame contará coas categorías de mellor curtametraxe de animación e a de mellor curtametraxe nacional, ambas con catro participantes de países como Francia, Canadá, República Checa e España.

A Intelixencia Artificial tamén será protagonista nesta edición do congreso, na cidade que acollerá a AESIA e que contará co estudio virtual máis avanzado de España na súa Cidade das TIC. Mundos Dixitais será o lugar de presentación en primicia das conclusións da análise das novas formas de rodaxes virtuais e as súas implicacións técnicas, xurídicas e económicas do Plan España Hub Audiovisual.

Actividades abertas

Este 2023, a programación do congreso esténdese á cidade da Coruña e contará con proxeccións exclusivas abertas ao público xeral con cinemáticas de videoxogos, pezas innovadoras do sector da publicidade e o deseño visual a nivel internacional e os finalistas do concurso do Festival de Animación.

Ademais, haberá conferencias abertas sobre a Intelixencia Artificial da man de Dot CSV, referente a nivel nacional na divulgación sobre a IA cunha masterclass da IA no sector creativo, e con Alba Meijide, comisaria da exposición AI: More than Human, que se puido visitar en Afundación da Coruña. Todas estas actividades serán gratuítas, previa reserva de entradas en ataquilla.com.

O desenvolvemento de Mundos Dixitais, con máis de dúas décadas de historia na Coruña, confirma un ano máis a relevancia da cidade no sector tecnolóxico, audiovisual e da animación, non só a nivel nacional senón tamén internacional.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión