Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2026

A Coruña, unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano

O artista actuará no Coliseum o 29 de maio do próximo ano coa súa xira ‘Anais Tour’

O Coliseum da Coruña comeza a perfilar a súa programación musical para o ano 2027. Tras a confirmación do concerto de Sergio Dalma, nesta ocasión é Cano quen anuncia a súa nova xira por grandes recintos estatais. O artista estará na cidade o 29 de maio de 2027 co seu espectáculo 'Anais Tour', co que ofrecerá unicamente dez concertos a nivel estatal, e o da Coruña será a única data galega.

"Desde o Goberno de Inés Rey traballamos a longo prazo para que a cidade acolla as grandes xiras nacionais, apostando por crear unha programación musical no Coliseum variada e de calidade, que reforce a nosa condición de capital galega da cultura", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas para o seu concerto na Coruña sairán á venda o vindeiro mércores 20 de maio ás 20.00 horas nos puntos de venda habituais.

O anuncio chega despois dun ano clave para Cano. A súa anterior xira, "Triana Tour", posicionouse como a décima nacional máis recadadora en España segundo datos de APM, superando os 73.000 tíckets vendidos e culminando con dúas noites consecutivas con entradas esgotadas no Movistar Arena de Madrid.

Desde a súa irrupción na música con apenas 17 anos, Cano converteuse nun dos nomes imprescindibles da música urbana española grazas a unha proposta que fusiona flamenco, pop urbano e sons latinos contemporáneos. Con millóns de oíntes mensuais, múltiples discos de platino e unha comunidade de seguidores/as en constante crecemento, o artista madrileño continúa consolidando unha traxectoria marcada polo seu son, autenticidade e conexión co público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión