Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de novembro de 2023

A EIM Monte Alto e os dereitos da infancia

Con motivo dos dereitos da infancia terán lugar diferentes actividades que rematarán cunha charla debate o xoves 23 ás 18.00 horas

A escola infantil municipal reivindica os dereitos da infancia cunha exposición e unha charla debate.

A exposición terá lugar o luns 20 na sala de usos múltiples da escola, de 08.30 a 09:.30 horas, por parte de pais e nais participantes nesta iniciativa.

O xoves 23 terá lugar unha charla a cargo de Marie-Charlotte Bisson, coordinadora de Protección da Infancia da Fundación "Tierra de Hombres". A experiencia e coñecementos de Marie permitiranos facer unha reflexión sobre os dereitos e a situación da infancia de familias migrantes que xa forman parte da nosa sociedade e comunidade escolar. O tempo de duración será aproximadamente 45 minutos.

A charla-debate está aberta a todas as persoas interesadas. Desde a organización piden que se asista sen menores.

Dereitos da infancia, desde novembro de 2022

O proxecto DEREITOS DA INFANCIA, comezou en novembro do 2022 dentro das comunidades educativas da nosa escola e a escola infantil municipal Os Cativos. Unha primeira parte desta experiencia mostrouse a final de curso cunha exposición das creacións, textos e actividades relacionadas con cada dereito da infancia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión