Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

A Escola infantil de Monte Alto presenta o proxecto "O firmamento das emocións"

O proxecto ten como obxectivo achegar a astronomía e as emocións de forma lúdica e creativa.

O día 9 de maio, diante do quiosco Alfonso nos cantóns e de 11:00 a 19:00 horas, a Escola infantil de Monte Alto, presenta o proxecto O firmamento das emocións, unha adaptación dunha iniciativa anterior da agrupación astronómica dirixida a nenos/as en idades temperás.

Haberá dúas sesións na que se narrará este conto xunto cunha interprete en linguaxe de signos. Pola mañá ás 12:30 h e pola tarde ás 17:30 horas.

O proxecto ten como obxectivo achegar a astronomía e as emocións de forma lúdica e creativa, mediante:

  • Actividades que relacionan emocións con animais habituais en contos infantís.
  • A creación de constelacións nun mural, utilizando liñas e puntos.
  • A narración de historias que combinan animais, música, estacións e emocións.
  • O uso conxunto de linguaxe oral e lingua de signos, fomentando a expresión e comprensión.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión