21 de maio de 2018
Un proxecto de educación ambiental didáctico, sensible e participativo. Así é o traballo realizado pola Escola Infantil Municipal (EIM) Monte Alto que lle serviu para facerse co galardón de mellor proxecto infantil de Voz Natura. "La Torre: mar y tierra" é o título do traballo recoñecido como o máis destacado entre todos os realizados polos centros infantís.
Profesorado e alumnado, coa colaboración de familias e veciñanza, desenvolveron un traballo cuxo eixo motivador foi poñer en valor a coruñesa Torre de Hércules, entendendo o monumento como un espazo mediador entre o mar e a terra.
As e os pequenos gozaron coñecendo a fauna e a flora do a súa contorna, traballaron na súa horta e aprenderon a coñecer e gozar da natureza. Tamén realizaron actividades de reciclaxe e trataron de concienciar sobre a necesidade dun consumo responsable.
Os demais premios recalaron en:
Entrega de premios
Os centros gañadores do premio Galicia, os provinciais, o mellor blog e o mellor vídeo ambiental recibirán os seus galardóns durante a festa fin de curso de Voz Natura, que se realizará o sábado 2 de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo).
A entrada será libre e a participación en actividades lúdicas e deportivas gratuíta. No evento expoñeranse os traballos realizados durante o curso.

19 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible