8 de mayo de 2025
O encontro centrouse nas necesidades e propostas do colectivo menor de 25 anos, que supón máis de 3 millóns de viaxes ao ano no transporte público
O Espazo Xuvenil do Remanso acolleu este xoves un encontro participativo específico para a mocidade no marco do proceso de redefinición da rede de autobuses urbanos da Coruña, impulsado polo Goberno de Inés Rey. O encontro contou coa participación de mozas e mozos menores de 25 anos, un colectivo clave para o sistema de transporte público.
A alcaldesa Inés Rey, acompañada polo equipo técnico e membros do Goberno local, destacou a relevancia deste encontro: "Queremos escoitar á mocidade porque representa non só o presente do transporte público, senón tamén o seu futuro. A súa experiencia e ideas son fundamentais para deseñar unha rede útil, accesible e sostible". Xunto á rexedora, estiveron as concelleiras Noemí Díaz, José Manuel Lage, Nereida Canosa, Yoya Neira e Francisco Díaz Gallego.
Este encontro marca o ecuador do proceso participativo, que continuará nas próximas semanas con sesións nos barrios do Birloque, Os Rosales, Eirís, Elviña e no Circo de Artesáns.
Segundo os últimos datos de mobilidade, este segmento realiza máis de 3 millóns de viaxes ao ano, cun uso intensivo das principais liñas que conectan os centros educativos e universitarios, así como os barrios residenciais. As liñas máis empregadas pola mocidade inclúen a que conecta Praza de Pontevedra con Elviña e a UDC (757.235 viaxes anuais), seguida da liña 14 entre Os Rosales e Castrillón (358.697) e a liña 11 que une As Lagoas e A. C. Marineda (216.021). Entre as paradas máis utilizadas pola mocidade destacan Campus de Elviña, Praza de Pontevedra, San Pedro de Mezonzo e Campus Zapateira, entre outras.
Durante o encontro desenvolveuse unha dinámica participativa centrada nas necesidades específicas da mocidade, que puido achegar propostas sobre melloras en frecuencias, conectividade con centros educativos, accesibilidade e adaptación a actividades culturais e deportivas. A importancia das conexións co campus universitario e coas zonas de ocio e emprego emerxeu como prioridade, así como a demanda de máis servizos en horario nocturno e fins de semana.
Peticións e suxerencias
A enquisa realizada durante o encontro permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados -e tamén os máis criticados- polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Practicamente o 35% das persoas que asistiron eran do distrito 7 e un 77% fixérono a título persoal.
Así mesmo, o 40% das persoas viñeron andando xunto con outro 40% que se achegou a pé. A maioría das persoas din utilizar o autobus, prioritariamente para traballar e estudar xunto con ocio. Con todo, a franxa máis utilizada pola mocidade foi pola tarde (de 14.00 a 20.00 horas) e na súa maioría dixeron non utilizar habitualmente o bus nocturno. Un 30% dixeron considerar que as frecuencias son insuficientes e o 26% que as liñas e paradas non coinciden cunha ruta adecuada.
Como nos anteriores encontros, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 6,8 puntos e case todas os aspectos foron puntuados por enriba de 5, a excepción das frecuencias (4,5) e a intermodalidade (4,6).
Neste sentido, os mozos e mozas identificaron como ámbitos prioritarios de mellora a puntualidade e as frecuencias (31%) xunto coa adaptación a eventos masivos (21%). A intermodalidade (11%) e a sustentabilidade (10%) foron as seguintes cuestións sinaladas a mellorar.
Próximos encontros
Os encontros continuarán a finais de mes no Centro Cívico do Birloque.
O calendario previsto é este:
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica: Proceso participativo para o autobús da coruña

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible