Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2026

​​A Orquestra Sinfónica de Galicia e Volana Producciones presentan o seu primeiro musical, Lúa Musical, o 27 de marzo no Palacio da Ópera

O espectáculo incorpora unha vertente solidaria grazas á colaboración coa Fundación Juan Soñador, para a que se habilitou unha “fila 0” co obxectivo de canalizar doazóns a favor da asociación

Lúa Musical, unha historia de música, raíces e valentía, chegará ao Palacio da Ópera cunha función aberta ao público o 27 de marzo, para a que xa están dispoñibles as entradas.

Trátase do primeiro musical da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), unha coprodución con Volana Producciones, concibida como unha obra escénica orixinal creada desde Galicia e con música sinfónica interpretada en directo. O proxecto reúne a máis de medio cento de artistas sobre o escenario, mentres a Orquestra Sinfónica de Galicia actúa en directo desde o foso, integrando música, teatro e danza nun formato pensado para emocionar e conectar con públicos diversos.

Lúa Musical está protagonizado por un elenco de mozos bailaríns, seleccionados tras un proceso aberto ao que se presentaron un cento de profesionais chegados de distintos puntos de España. O equipo artístico conta con nomes de ampla traxectoria: a idea, dirección musical e composición son de Fernando Briones; a dirección escénica e coreografías corresponden a Teresa Garzón, artista multidisciplinar; o libreto é da dramaturga Eva Mir Piqueras, Premio de Teatro Calderón de la Barca; e o deseño de escenografía é de Isi Ponce, con experiencia en proxectos para o Teatro Real.

Ademais da función do día 27, a produción terá unha dimensión educativa destacada: 15.000 menores poderán gozar de dúas funcións diarias matutinas entre o 23 e o 27 de marzo dentro do Programa de concertos didácticos da OSG, reforzando o compromiso da orquestra coa formación de novos públicos.

O musical incorpora tamén unha vertente solidaria grazas á colaboración coa Fundación Juan Soñador, para a que se habilitou unha "fila 0" co obxectivo de canalizar doazóns a favor da asociación a través da web oficial do espectáculo. As entradas para o 27 de marzo están á venda a través de Ataquilla.

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o traballo que está a facer a OSG para a difusión da cultura musical na cidade, traballo realizado ademáis con vocación de chegar a todos os públicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión