1 de agosto de 2025
Esta mañá aprobouse o calendario da programación do Consorcio para a Promoción da Música, que tamén inclúe unha doble sesión de ‘Carmen’, a ópera máis popular de Bizet, durante o mes de setembro
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a xunta do Consorcio para a Promoción da Música, que aprobou o calendario coa programación de actuacións prevista ata finais de ano, e que arrincará co concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) que terá lugar o 23 de agosto en María Pita, durante a Semana Clásica.
O director titular da OSG, Roberto González-Monjas, levará a batuta da orquestra nunha actuación na que se versionarán bandas sonoras de grandes clásicos do cinema, como A lista de Schindler, Memorias dunha geisha, ET ou Superman, entre outros. Todas elas, dun prestixioso compositor como o estadounidense John Williams, protagonista deste concerto-homenaxe.
Será o punto de partida dun último cuatrimestre cheo de propostas culturais que tamén inclúen a Programación Lírica de Amigos de la Ópera. Destaca a doble sesión de 'Carmen' que acollerá o Palacio da Ópera os días 5 e 7 de setembro, co gallo do 150 aniversaio da ópera de Georges Bizet, cunna impactante producción dirigida por Calixto Bieito. Amigos de la Ópera presentará unha montaxe que reunirá a máis dun cento de artistas en escea, acompañados pola OSG baixo a dirección de Gianluca Martinenghi.
O calendario da Programación Lírica terá continuidade no Teatro Colón ata finais de ano, con actuacións centradas en figuras como Mozart e Debussy e a participación do coro da Orquestra Gaos e Fernando Briones.
Ademais, tamén ata finais de decembro, a Orquestra Sinfónica de Galicia avanzará co seu calendario de actuacións para o programa de abonados, con concertos nos que haberá directores convidados como Dima Slobodeniouk, Lucas Macías ou Eva Ollikainen, entre moitos outros.
O peche da programación deste ano será, como sempre, no contexto do Nadal. O 19 de decembro, no Palacio da Ópera, Roberto González-Monjas, acompañado polo Coro Xove e o Coro de Nenos da Sinfónica de Galicia, así como por Daniel Artés e Sofía Rodríguez, ofrecerá o clásico concerto de Nadal da OSG, na que se versionarán pezas de Mozart, Bizet, Rossini e John Williams, todas elas dunha temática festiva ou inspiradas en longametraxes propias das datas.

18 de xaneiro de 2026

16 de xaneiro de 2026

16 de xaneiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible