Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xuño de 2025

A praza de María Pita convértese nun grande espazo de xogo no Día Internacional do Xogo co protagonismo da infancia das escolas municipais

“O dereito ao xogo é esencial no desenvolvemento da infancia e debemos protexelo e promovelo desde as institucións”, sinalou a alcaldesa Inés Rey durante a celebración, que reuniu 255 participantes da Rede Municipal de Escolas Infantís

A praza de María Pita converteuse esta mañá nun gran patio de recreo con motivo do Día Internacional do Xogo, nunha xornada organizada polo Concello da Coruña coa participación de toda a Rede Municipal de Escolas Infantís (REIM). A actividade reuniu a 186 nenos e nenas de 2 e 3 anos, acompañados/das por educadoras e familias, sumando un total de 255 participantes.Durante dúas horas, a praza -pechada para a ocasión- acolleu nove espazos lúdicos adaptados á etapa infantil: xogos con paracaídas, percorridos de andadores, bloques de construción xigantes, música, cantaxogos, pompas de xabón, mesas de area e outras propostas pensadas para estimular a creatividade e o movemento. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou na xornada xunto ao concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, acompañando o alumnado e persoal das escolas participantes. "Seguiremos facendo da Coruña unha cidade pensada para a infancia, con espazos seguros e abertos ao xogo", sinalou a alcaldesa durante a visita.Borrego destacou que "o xogo é unha ferramenta esencial no desenvolvemento educativo, emocional e social. Esta celebración é tamén unha maneira de recoñecer o labor das escolas infantís e reivindicar o valor dos espazos públicos como escenarios para educar".A xornada forma parte da campaña internacional Hora de Xogar, impulsada pola Asociación Internacional de Cidades Educadoras, que tamén tivo continuidade nos patios de numerosos CEIP e escolas infantís da cidade, con actividades simultáneas durante toda a mañá.O Concello da Coruña reafirma así o seu compromiso cun modelo de cidade educadora que aposta por políticas públicas centradas na infancia, no benestar colectivo e na transformación dos espazos urbanos en lugares vivos, accesibles e cheos de oportunidades para aprender xogando.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión