19 de septiembre de 2025
De 10.00 a 14.00 horas haberá propostas orientadas ao fomento da mobilidade sostible e a concienciación sobre a seguridade viaria, con xogos infantís e percorridos de patinaxe
A programación da Semana Europea da Mobilidade chegará este domingo 21 á rúa San Andrés, que acollerá pola mañá os actos previstos polo Día sen Coches, unha xornada na que haberá actividades de ocio para todos os públicos, enfocadas a concienciar sobre a importancia da mobilidade sostible e a seguridade viaria.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que a celebración do Día sen Coches en San Andrés xa foi un éxito en anos previos, "e foi fundamental para que a cidadanía valorase os beneficios da recuperación de superficies peonís, máis osixenadas e abertas a camiñar". Isto abriu camiño, xa posteriormente, á reurbanización da rúa que executou o Goberno de Inés Rey no presente mandato, cun investimento de 3,2 millóns.
Agora, con San Andrés remodelada baixo a inspiración da súa configuración orixinal, con máis arboredo e espazos peonís, o Día sen Coches volve cunha ampla axenda de propostas para todas as idades. Será de 10.00 a 14.00 horas, cando se cortará a rúa ao tráfico rodado no treito comprendido entre a praza de Pontevedra e Pórtico.
Neste sentido, o Concello contará coa colaboración da Dirección General de Tráfico (DGT), Stop Accidentes, Mobi-liza, Galicia Rollers e Sistema Lupo, así como da Asociación Xuvenil Escóitame, encargadas da organización de diversas actividades que, na súa meirande parte, estarán orientadas a rapazas e rapaces de 3 a 15 anos. Haberá un espazo didáctico de tráfico, xogos infantís e tamén unha área específica con percorridos para patinaxe.

29 de julio de 2026

15 de julio de 2026

26 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible