Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2018

A segunda edición do programa 'Tendas a Exame’, que se desenvolveu nos barrios de Monte Alto e Orzán, conclúe coa posta en marcha de accións "que afondarán na mellora competitiva do comercio local"

Na iniciativa municipal de consultoría participaron 30 establecementos comerciais de proximidade. “Moitos deles xa están a poñer en práctica as melloras recomendadas nestes meses”, apunta Alberto Lema

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, valorou esta mañá o desenvolvemento da segunda edición do programa municipal Tendas a Exame, un proxecto de consultoría posto en marcha o ano pasado polo executivo local coa finalidade de afondar na mellora competitiva do comercio coruñés de proximidade. A través desta iniciativa, o Concello pon á disposición dos establecementos un servizo profesional de asesoramento que identifica as necesidades e fortalezas dos negocios, e propón melloras e accións para a renovación ou mellora do comercio. "A iniciativa pretende resolver as principais dificultades ás que se enfrontan un gran número de comerciantes locais e, polo que estamos a comprobar, está a ser moi ben recibido e valorado polas persoas beneficiarias", destaca Alberto Lema, quen lembra que o ano pasado 25 establecementos do barrio dos Mallos tamén formaron parte do programa, "que obtivo unha excelente acollida". "Vendo a boa marcha destas dúas edicións, o goberno local estudará a ampliación da iniciativa de cara ao ano que vén", apunta.

Un total de 30 establecementos do barrio de Monte Alto, incluíndo a rúa da Torre e até o Campo da Leña, e a rúa Orzán até a Praza de Pontevedra participaron nesta segunda edición.  De cara á posta en marcha da mesma, visitáronse un total de 132 comercios da zona, dos cales 67 mostraron o seu interese. En función da súa localización, actividade e situación de partida, seleccionáronse, finalmente, os seguintes locais: El tocador de Cris, Mercería D´Lis, Ecotienda Orillamar, Marga flores, Farmacia Isabel Casandra Pin, Floristería Galiocio, Frutería Belén, Relojoya, Mercería La Torre, A tenda de Albi, Opticalia La Torre, Calzados Javi, Tuneo mi Movil, Mari Carmen fotógrafa, Montegrappa, Eurocasa, Mercería La Ilusión, Centro de dietética y nutrición Vanesa Buján, Koketa, Lummerland, Frutería Doris, El Riojano, Papelería Porvén, Los postres de Kelly, Amorodos, Areladeco, Alita Comics, Marcoarte, Doa Doa y Zapatería Pantuflas.

Ao longo dos pasados meses de marzo e abril, o servizo de consultoría e asesoramento do Concello realizou seis visitas a cada un dos comercios de proximidade, para os que elaborou un diagnóstico comercial nos que se tiveron en conta puntos como a imaxe interna e externa, aptitudes do persoal traballador, servizos ao cliente, xestión económica ou a estratexia comercial. Tras identificar as carencias e capacidades de mellora, a área de Emprego e Economía Social realizou un plan de mellora comercial personalizado para os distintos establecementos. "En moitos casos xa están a poñer en práctica as melloras recomendadas", asevera o edil, quen participará esta tarde, no centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio, nunha xornada de peche do programa, no que as e os participantes recibirán un Manual de boas prácticas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión