Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2022

A sensibilización sobre o impacto do cambio climático chega ao Fórum cun espectáculo que mestura as tradicións orais e do folclore

‘As Fillas Bravas e o mito de Casandra’, do grupo Chévere, é a segunda das pezas previstas na tempada de primavera do ciclo de artes escénicas ‘Sen numerar’

Volve ao Fórum Metropolitano o ciclo de artes escénicas 'Sen numerar', con funcións previstas ata mediados de xuño e que, este venres 11 (20.30 horas), levará ao auditorio do recinto municipal un novo espectáculo do grupo Chévere, unha compañía teatral galega con máis de 30 anos de traxectoria que, no ano 2014, gañou o Premio Nacional de Teatro polo seu compromiso social e cultural.

Chévere chega ao Fórum Metropolitano con 'As Fillas Bravas e o mito de Casandra', unha obra que mestura a tradición oral coa música tradicional como ferramentas para sensibilizar sobre o impacto do cambio climático na sociedade actual. A peza é, por unha banda, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tentan entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e a súa experiencia vital; e, por outra, é un espectáculo ideado con perspectiva de xénero, á procura de modelos de empoderamento feminino. O espectáculo está protagonizado por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.

A obra, dunha hora e cuarto de duración, está recomendada para adultos e tamén para o público xuvenil, a partir dos 14 anos. Neste sentido, haberá unha función escolar (integrada no ciclo 'Todo Público Escolar 2021/22') este mesmo venres 11 (11.30 horas), cun coloquio sobre o cambio climático para escolares de Secundaria ao que asistirán 109 estudantes do IES Monelos. A capacidade quedará reducida a un único centro educativo polas restricións da Covid-19.

As entradas para o público xeral xa están á venda, a través da páxina web de Ataquilla.com. Habilitarase tamén o despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día do espectáculo, desde unha hora antes do comezo da función. Ademais, as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do IMCE sito na praza de Ourense en horario de luns a venres (salvo festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

O prezo das entradas será de 9 euros para o público xeral e de 7 euros para as persoas que dispoñan de Carné Xove, sexan maiores de 65 anos ou estén desempregadas.      

Cinco espectáculos máis programados ata xuño

O ciclo de teatro para adultos 'Sen numerar' continuará ata o día 10 de xuño no Fórum Metropolitano. O calendario de espectáculos previsto, sempre en venres e ás 20.30 horas, é o seguinte:

  • Venres 18 de marzo: 'A familia real' (Olivas negras e Aporía).

  • Venres 8 de abril: 'Lázaro' (Leamok).

  • Venres 22 de abril: 'As alumnas' (Culturactiva).

  • Venres 13 de maio: 'A parábola do angazo' (Talía Teatro).

  • Venres 10 de xuño: 'Do pracer e da morte' (A feroz).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión