Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de maio de 2023

Á venda desde este xoves as entradas para os concertos de Rubén Blades e ZAZ no ciclo Coruña Sounds

As actuacións, xunto ás de Scorpions e Marea, serán no peirao de Batería no mes de xullo

Este xoves, 1 de xuño, sairán á venda as entradas para os concertos de Rubén Blades e ZAZ, que forman parte do ciclo de actuacións musicais Coruña Sounds, que promove o Concello da Coruña a través do IMCE. A venda estará activa a partir das 11.00 horas tanto a través de Ataquilla como no despacho de billetes da praza de Ourense. As entradas non son nominativas e pódense comprar un máximo de 10 por persoa. Toda a información está dispoñible na páxina web www.corunasounds.es.

Rubén Blades e ZAZ únense a Scorpions e Marea dentro do ciclo Coruña Sounds, que terá lugar no peirao de Batería durante o mes de xullo. O Goberno de Inés Rey crea esta nova iniciativa musical co obxectivo de abrir o porto á cidadanía e dinamizar a oferta cultural e musical do verán coruñés. Durante o mes de xullo pasarán polo peirao agrupacións nacionais e internacionais de gran prestixio e de diferentes estilos musicais.

O concerto de Rubén Blades será o 20 de xullo. O máximo expoñente da salsa a nivel mundial actuará xunto á Big Band de Roberto Delgado, composta por case 20 músicos. O panameño conta cunha carreira sobresaínte de máis de cincuenta anos, nos que colleitou numerosos éxitos e recoñecementos. É considerado un dos máis grandes artistas latinos do século XX e conta entre os seus recoñecementos con 10 premios Grammy e outros 13 premios Grammy Latinos. As entradas para o seu concerto costarán 35 euros.

Pola súa banda, ZAZ actuará o 31 de xullo no mesmo escenario, dentro da súa xira 'Organique Tour'. O seu pop enche recintos en toda Europa e actuará por primeira vez na cidade. As entradas para a súa actuación custarán 30 euros. 

Xa están á venda as entradas para os concertos de Scorpions (13 de xullo) e Marea (22 de xullo). Ambas as formacións son unha referencia absoluta dentro do xénero do heavy metal e do rock estatal. As actuacións no porto coruñés durante o verán completaranse a fin de semana do 28 e 29 de xullo coa programación do Morriña Festival, que contará nesta edición coa presenza de destacados artistas internacionais de diferentes xéneros como Nicky Jam ou Two Door Cinema Club. Na mesma localización terá lugar en setembro o ciclo de concertos Noites do Porto, que xa confirmou os seus dous primeiros artistas: Deluxe e Sen Senra. O Concello promove todos estes eventos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión