Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2021

A Xunta de Goberno local aproba destinar máis de 3,8 millóns de euros aos convenios coas entidades sociais, o que supón un incremento dun 20% con respecto ao exercicio anterior

Cun orzamento de máis de 6,3 millóns de euros, un total de 204 asociacións sociais, culturais e deportivas da cidade beneficiaranse dun proxecto de subvencións en que primaron aqueles colectivos que realizan un traballo diario coas persoas máis vulnerables

Cun importe de 6,3 millóns de euros, a Xunta de Goberno local aprobou este mediodía o proxecto de subvencións a un total de 204 asociacións sociais, culturais e deportivas da cidade, cun 20% máis de achegas para aquelas entidades que prestan servizos sociais e sanitarios na Coruña. Deste xeito, o Goberno local levará ao próximo pleno o modificativo que permitirá aboar estes convenios nominativos no máis breve espazo de tempo posible.

Dadas as circunstancias actuais de pandemia, a executiva de Inés Rey destinará máis de 3,8 millóns de euros a apoiar a actividade que realizan diariamente 104 entidades coa veciñanza máis vulnerable. Isto supón un máximo histórico ao se incrementar en 600.000 euros as partidas dedicadas o ano pasado para programas sociais e en 700.000 euros ao orzamento total de 2019. "O que fai o goberno de Inés Rey neste primeiro momento é sacar adiante as axudas que son máis urxentes, tendo en conta que se necesita potenciar a emerxencia social, atender as persoas que teñen máis necesidade e o facemos a través de entidades como Cruz Vermella, Cáritas ou Padre Rubinos", sinalou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.

O voceiro municipal engadiu que están abertos a valoraren outras entidades no futuro e, en concreto, sinalou que terán en conta todas as achegas que realicen os grupos políticos e que se poderán introducir no modificativo que se faga a posteriori.

O orzamento total dos convenios nominativos de 2021 suma 6.321.669 millóns de euros. En cifras absolutas, os fondos municipais superan tamén ás partidas destinadas ás asociacións en cada un dos exercicios do pasado mandato. Para Lage Tuñas, "este é o xeito máis áxil de chegarmos ás entidades coruñesas que desenvolven un traballo esencial e que son capaces de atender as necesidades que xorden cunha inmediatez que a Administración moitas veces non ten", indicou o edil.

En definitiva, a proposta do Goberno local ten como obxectivo blindar a capacidade resolutiva dun terceiro sector que na cidade está representado por máis dun centenar de entidades que contarán con máis recursos municipais que o ano pasado. Ademais, o Concello traballará con todos estes colectivos a través de novos plans de estímulo que se poñerán en marcha este ano. O concelleiro destacou que coa aprobación dos convenios, a executiva cumpre co compromiso de estaren vixentes "antes que en anos anteriores", indicou o voceiro municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión