Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2015

Abanca comprométese ante o alcalde da Coruña a estudar a cesión de vivendas do seu parque para axudar a persoas en risco de exclusión social

O alcalde da Coruña reuniuse co propietario da entidade, Juan Carlos Escotet, nunha reunión cordial na que tamén se acordou o mantemento dunha relación fluída entre os servizos sociais de María Pita e os que se encargan de temas xurídicos e de responsabilidade social na entidade bancaria.



O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este mércores no seu despacho de María Pita co propietario do grupo Banesco e vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, así como co presidente da entidade, Javier Etcheverría, e o seu conselleiro delegado, Francisco Botas. A xuntanza, que se desenvolveu nun clima cordial, serviu para que o rexedor conseguise o compromiso por parte da financeira de estudar a cesión ao Concello de vivendas baleiras do seu parque na cidade para "cubrir as necesidades habitacionais de xente que quedou sen fogar ou de persoas en risco de exlusión social".

Segundo Ferreiro explicou ante os medios unha vez finalizada a reunión, a dirección de Abanca comprometeuse a colaborar neste sentido "e seguir falando nas próximas datas". A entidade asegurou que en breve remitirá un censo co número de vivendas que serán susceptibles de ser empregadas nesta colaboración, que podería servir para axudar aos colectivos que afrontan maiores dificultades, na liña de darlle prioridade á axenda social que se marcou o novo goberno municipal.

O alcalde coruñés valorou de xeito positivo os primeiros avances que deixou o encontro. "Desde Abanca foron receptivos ante as nosas demandas, e comprenden o papel que, tamén nós pensamos, os bancos deben ter coa sociedade", indicou. "Dixéronnos que manterán a súa liña de non levar a cabo desafiuzamentos e tamén falamos de que os servizos sociais do Concello e os seus servizos xurídicos e de Responsabilidade Social teñan unha relación fluída para que poidan colaborar no caso de que se detecten temas de exclusión social e poidamos actuar".

 

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión