Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de febreiro de 2022

Aberto ata o 4 de marzo o prazo de inscrición para Idiomas do Mundo 2022

O programa consta de 60 prazas para realizar unha inmersión lingüística no verán en inglés, portugués, francés ou alemán.

Desde hoxe ata o 4 de marzo está aberto o prazo de inscrición no programa Idiomas do Mundo 2022. Este programa municipal ofrécelle a oportunidade ao alumnado residente na Coruña que cursa 1.º de Bacharelato no curso 2021-22 de realizar este verán unha actividade de inmersión lingüística en inglés, portugués, francés ou alemán.

Hai 60 prazas dispoñibles nos seguintes destinos: 37 en Irlanda, 10 en Francia, 10 en Portugal e 3 en Alemaña ou Austria. A inmersión terá unha duración de catro semanas, preferentemente durante o mes de xullo.

O alumnado que queira participar no programa deberá incribirse a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión