Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de marzo de 2023

Aberto o mercado provisional de Monte Alto na praza de Indalecio Prieto

Inés Rey: “Agardo que os preceiros e praceiras teñan aquí un bo lugar de traballo mentres duren as obras que permitirán a renovación total da praza de abastos”

Esta mañá abreu ao público o mercado provisional instalado na praza de Indalecio Prieto na que estarán instalados os praceiros e praceiras do Mercado de Monte Alto mentres duren os traballos de renovación e mellora do espazo. A alcaldesa, Inés Rey, achegouse ata o emprazamento temporal acompañada por Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade e Diana Sobral, concelleira de Comercio, Mercados e Barrios. A rexedora destacou a satisfacción dos comerciantes: "agardo que os praceiros e praceiras teñan aquí un bo lugar de traballo mentres duren as obras que permiturán a renovación total da praza de abastos", expresou.

O Concello, de mutuo acordo co persoal, decidiu aplicar unha suspensión do prazo de duración das súas concesións como compensación polo seu traslado a Indalecio Prieto. Deste xeito, as concesións de praceiros e praceiras estenderanse 10 meses máis, tendo o Goberno de Inés Rey a capacidade de ampliala aínda máis en función do funcionamento do mercado provisional. "Para este Goberno era unha prioridade que os praceiros e praceiras puidesen seguir traballando, investindo 850.000 euros neste mercado provisional para garantir a súa actividade profesional tal e como nos comprometemos", subliñou a alcaldesa.

As obras de renovación do mercado de Monte Alto teñen un prazo de execución de 26 meses e un investimento de 10,4 millóns de euros. O novo mercado incorporará melloras de eficiencia enerxética no edificio, tanto en vidros como en sistemas de calefacción, así como nos equipamentos. Inclúe, ademais, a reforma da escola infantil de Monte Alto, cuxos traballos ascenderán a 140.000 euros. Actuarase tamén sobre a praza exterior e a rúa Joaquín González acomentendo traballos de reurbanización por valor de 500.000 euros. "Un importante investimento co que queremos que os veciños e veciñas do barrio teñan unha infraestructura do máis alto nivel pero tamén máis e mellores servizos e espazos públicos de calidade " explicou a alcaldesa. Ademais, está previsto plantar árbores na praza e nas beirarrúas, o que lle dará á contorna un maior atractivo para a cidadanía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión