13 de decembro de 2018
A convocatoria do programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VIII ten como obxectivo a adxudicación de 11 bolsas para titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración (de finais de marzo a finais de xuño de 2019) en empresas de Austria, Francia, Italia e Irlanda.
As 11 bolsas distribúense da seguinte maneira:
O programa está dirixido a persoas tituladas en ciclos superiores de FP que conseguiron a súa titulación en xuño ou en decembro de 2018, incluída a FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Urbano Lugrís.
A inscrición ábrese do 13 ao 28 de decembro na web do Concello a través da ficha específica do programa e presentando a documentación esixida, en calquera dos rexistros municipais, situados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro.
O proceso de selección das persoas participantes está previsto que se desenvolva durante os meses de xaneiro e febreiro. Para iso, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos estudos de FP, a competencia lingüística de idiomas estranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.
As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil; e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para o seu mantemento e estadía de 1.500 €. Ademais, o Concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizacións intermediarias nos países de destino, tamén se encargarán da xestión do programa: a organización das viaxes, a procura de aloxamentos e das empresas de prácticas, así como da tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial das prácticas.
O proxecto será desenvolvido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino; e financiamento da Deputación Provincial da Coruña.
ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS:
Servizo Municipal de Educación
Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 - 3ª planta. 15001 A Coruña
Correo: educacion@coruna.es
Teléfono: 981 184 200
Técnica de Educación: Ana Judel Prieto (ext. 12038)
Documentos relacionados
30 de abril de 2024
29 de abril de 2024
29 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible