22 de xuño de 2015
O Concello acaba de abrir o prazo para inscribirse na XII edición do Concurso de Tapas Picadillo, que se celebrará entre 11 e o 27 de setembro.
Os establecementos interesados en participar terán ata o 9 de xullo ás 14.00 horas para enviar as súas solicitudes, que serán atendidas en orde de chegada. As bases e a ficha de inscrición están dispoñibles para a súa descarga na web de Turismo da Coruña, www.turismocoruna.com, e pódense pedir nos teléfonos 639 155247 e 636 447 574 ou a través do mail tapaspicadillo@gmail.com
No certame poden participar todos aqueles establecementos hostaleiros da cidade legalmente establecidos, previa inscrición, en calquera das dúas modalidades do concurso: a de tapa tradicional e a de tapa creativa (aquela que utilice produtos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras). Todas as propostas deberán estar elaboradas de xeito artesanal e con algún produto de orixe galega, autóctono e de calidade. Cada establecemento poderá concursar nunha ou nas dúas modalidades, cun máximo dunha tapa en cada modalidade.
Este ano, como novidade, haberá un premio Picadillo Maridaxe, que se suma aos galardóns de edicións anteriores: o premio Picadillo á mellor Tapa Tradicional, o premio Picadillo á mellor Tapa Creativa e o premio Picadillo Cidade da Coruña, que se outorga por votación popular.

17 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible