Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de abril de 2026

Aberto o prazo para formación con compromiso de contratación para a capacitación profesional, para a montaxe de equipos eléctricos

A empresa Elinsa coa colaboración da Deputación da Coruña e o Centro de Formación Profesional Rosalía Merra, vai levar a cabo un curso de automatismos industriais.

O curso implica certificado oficial da Xunta de Galicia, prácticas na empresa con alta na Seguridade Social e unha bolsa para a mobilidade de 300 €.

A prescrición tense que realizar no IES Rosalía Mera ata o 14 de abril e a partir do 20 do mesmo mes comezará o curso, que ten unha duración de 213 horas de formación e  finalizará o período lectivo o 9 de xuño de 2026.

O horario do curso é das 7.00 ás 15.00 horas e ao finalizar a parte teórica realizaranse prácticas na empresa Elinsa de luns a venres.

Os contidos do curso serán:

  • Automatismos cableados e programados
  • Mecanizado
  • Debuxo técnico
  • Proteccións eléctricas
  • Prevención de riscos laborais

Os requisitos de acceso son:

  • Formulario de prescrición cuberto
  • Curriculum vitae
  • Certificación académica de ESO, título profesional básico, bacharelato, estudos universitarios, técnico/a superior, técnico/a especialista, COU ou técnico/a) ou outros estudos equivalentes ou estudos homologados.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión