13 de xuño de 2026
Os tres cursos ofertados son de atención sociosanitaria a persoas dependentes, de operacións básicas de restaurante e bar e de peixería e elaboración de produtos de pesca
Os novos itinerarios, que inclúen parte teórica e práctica, comezarán en setembro
O Concello pon en marcha o proceso de inscrición para os novos itinerarios formativos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas, no marco do proxecto Éfeso, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), e que teñen como obxectivo facilitatar a formación en distintos sectores de persoas de todas as idades para mellorar as súas perspectivas no mercado laboral.
Estes cursos se enmarcan no paquete de políticas do Goberno de Inés Rey para asistir e acompañar aos coletivos con maiores dificultades de acceso ao emprego, fomentado a igualdade e o crecemento persoal e profesional.
"O programa Éfeso é unha iniciativa moi importante, porque é para centos de cidadáns unha vía directa para integrarse no mercado laboral e atopar novas oportunidades, dun xeito gratuíto e con todas as garantías. Foi para moita xente unha oportunidade de reconducir as súas carreiras e descubrir novos camiños profesionais", subliñou o concelleiro de Emprego, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego.
Os novos cursos ofertados son os seguintes:
Dentro dos programas lectivos, están contempladas as prácticas en empresas, o que facilita a procura de emprego ao saír dos cursos con experiencia laboral acreditada en empresas da zona. Ademais, os cursos inclúen un servizo de acompañamento personalizado para a inserción laboral. As prazas, que son limitadas, xa se poden solicitar a través do teléfono do Servizo Municipal de Emprego (981 18 43 99) ou o a dirección de correo electrónico efesocoruna@coruna.gal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible