15 de decembro de 2019
A inscrición realizarase os días 17, 18 e 19 de decembro, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 h no centro cívico onde se obtivo a praza.
Nos documentos que se achegan pódense consultar as listas de nenas e nenos admitidos. Non se terá dereito á praza ata que non se formalice a inscrición co pago en efectivo da cota correspondente no centro cívico.
Non haberá campamento, porque non se anotou ninguén, nos centros cívicos de Artesáns e San Pedro de Visma.
Nos centros que se relacionan a continuación, nos que as solicitudes de preinscrición foron insuficientes para facer grupo, ás e aos menores preinscritas/os déuselles praza nos centros próximos que tiñan vacantes:
Nalgúns centros hai prazas vacantes, como se indica nas propias listaxes.
As persoas interesadas nas prazas vacantes poden acudir ao centro cívico e contactar co persoal da empresa adxudicataria nos días e horario da inscrición nos campamentos.
As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición ata cubrir a cota. Non se ampliarán grupos, só se cubrirán as prazas vacantes dentro de cada grupo.
Novas relacionadas
Documentos relacionados
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
23 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible