Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2024

Adxudicadas as obras para mellorar a accesibilidade en 11 paradas de autobús nos barrios da Coruña

A maior parte das paradas que se someterán á remodelación están repartidas entre os barrios do Castrillón, Os Castros e Eirís, mais tamén está previsto actuar en Monte Alto e Catro Camiños

A Xunta de Goberno Local, reunida este mércores 7 de febreiro en sesión ordinaria, aprobou adxudicar á empresa Manuel Rivas Boquete as obras correspondentes á renovación e adaptación de 11 paradas de autobús da cidade. "O obxectivo é facelas accesibles a todas as persoas usuarias, con especial atención ás que teñen mobilidade reducida", sinalou Inés Rey na rolda de prensa desta mañá.

A maior parte das paradas que se someterán á remodelación están repartidas entre os barrios do Castrillón, Os Castros e Eirís, mais tamén está previsto actuar en Monte Alto e Catro Camiños.

As obras para concretar a remodelación destas 11 paradas contan cun orzamento de 656.000 euros, e o prazo estimado para executalas é de oito meses. Esta iniciativa forma parte das actuacións financiadas a través da segunda convocatoria de fondos Next Generation, na que o Concello obtivo 9,1 millóns por parte do Goberno estatal, en abril do ano pasado.

"Falamos dun plan de intervencións que se irán levando a cabo de forma progresiva, e que se irá estendendo a todos os barrios da Coruña co obxectivo de que todas as paradas de autobús da cidade atendan ás necesidades da cidadanía", sinalou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión