2 de xuño de 2025
Alingua é a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega
A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que ten entre os seus obxectivos promover e dinamizar o uso do galego de xeito colaborativo entre diversas administracións locais, saca a licitación o servizo de xestión da entidade co obxecto de contratar persoal especializado que desenvolva tarefas de tramitación económica e administrativa, así como de coordinación de programas e actuacións desenvolvidos pola asociación.
Entre os coñecementos que deberá posuír o contratista que queira optar a este contrato destacan os coñecementos en materia fiscal, laboral, orzamentaria ou de procedemento administrativo.
O contrato adxudicarase por procedemento aberto e tramitación ordinaria e o prazo para presentar ofertas remata o 12 de xuño de 2025.
Pódese consultar toda a información sobre o anuncio de licitación do servizo de xestión de Alingua na Plataforma de Contratación do Sector Público.

29 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible