Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2023

Aprobada a autorización de gasto para o contrato de salvamento e socorrismo nas praias da Coruña, cun orzamento base de 546.055,76 €

O contrato recolle o servizo para todas as praias do termo municipal da Coruña (Riazor, Orzán, Matadero, Lapas, San Amaro, Santa Cristina e Oza) así como a área de baño do Parrote, incluida no pasado verán logo da apertura da zona

O Concello da Coruña aprobou en Xunta de Goberno Local a autorización de gasto para a contratación do servizo de salvamento, socorrismo, vixilancia, primeiros auxilios, asistencia e transporte sanitario por estrada nas praias da Coruña. O contrato sae a licitación cun orzamento de 546.055,76 € por unha duración dun ano, prorrogable por un ano máis.

O contrato recolle o servizo para todas as praias do termo municipal da Coruña (Riazor, Orzán, Matadero, Lapas, San Amaro, Santa Cristina e Oza) así como a área de baño do Parrote, incluida no pasado verán logo da apertura da zona. Así mesmo contémplase o servizo ás calas de Adurmideiras con visitas de vixilancia diaria, colocación de material salvavidas e bandeiras de sinalización do estado para o baño.

Co novo contrato amplíase o servizo de socorrismo, con dous traballadores máis que no anterior contrato. Aos 23 postos de socorristas repartidos entre Riazor (6), Orzán-Matadero (7), San Amaro (3), Oza-Santa Cristina (5) súmase un máis na praia das Lapas, que pasa de dous a tres e un para o Parrote. Ademais, o Concello achegará dúas sillas anfibias nas praias de Riazor e Oza para o baño de persoas con diversidade funcional. Ademais, crearase unha app móvil dispoñibles (para os sistemas iOS e Android) con información actualizada en tempo real sobre o estado de praias, servizos dispoñibles, alertas e chamadas aos servizos de emerxencia e demáis información de interese cidadá.

O servizo de socorrismo está previsto que comece o día 15 de xuño e remate o 15 de setembro, ambos inclusive, todos os días en horario de 11.00 h a 21.00 h de forma ininterrompida.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión