Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de febreiro de 2025

Así será o segundo día das XOAP 2025

Consulta a programación do segundo día das xornadas, que se celebra o martes 18

As II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025), organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña co obxectivo de informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade, celebran a súa segunda cita o martes 18 de febreiro.

Do mesmo xeito que no primeiro día das xornadas, realizaranse visitas guiadas ás instalacións onde se imparten os ciclos de Formación Profesional, con charlas informativas sobre o seu sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

Programación

IES Fernando Wirtz - 16:30 h.

  • 14 CM Sistemas microinformáticos e redes
  • 14 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
  • 14 CS Administración de sistemas informáticos en rede
  • 14 CS Desarollo de aplicacións web
  • 15 CS Administración e finanzas
  • 15 CS Asistencia á dirección
  • 14 CM Xestión administrativa

IES Sardiñeira - 16:30 h.

  • 16 CM Operacións de laboratorio
  • 16 CS Laboratorio de análise e control de calidade
  • 16 CS Química industrial

IES Agra do Orzán - 16:30 h.

  • 17 CS Animación socio deportiva
  • 17 CS Acondicionamento físico

IES Ramón Menéndez Pidal - 17 h.

  • 18 CM Actividades comerciais
  • 18 CM Comercialización de produtos alimentarios
  • 18 CS Comercio internacional
  • 18 CS Xestión de vendas e espazos comerciais
  • 18 CS Transporte e loxística

Acceso ás xornadas

O alumnado inscrito deberá presentar a CREDENCIAL que se lle enviou ao seu correo electrónico para poder acceder ás visitas e charlas.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Documentos relacionados

  • XOAP 2025 - Programación martes 18 (319 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión