Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de febreiro de 2025

Axuda en Acción xera oportunidades de futuro para a mocidade da Coruña co evento “Novos e Emprego” no Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña

O acto contou coa presenza da concelleira de Emprego, Comercio e Mercado do Concello da Coruña do Concello da Coruña, Diana María Sobral.

A Fundación Axuda en Acción organizou o evento "Novos e Emprego" no Centro Municipal de Emprego da Coruña que reuniu a máis de 100 persoas mozas, empresas, entidades e administracións públicas e onde os e as participantes puideron xerar redes de oportunidades laborais, compartir experiencias e avanzar cara ao futuro socioeconómico da localidade.

Celebrada este mércores 26, a xornada foi inaugurada por Diana María Sobral, concelleira de Emprego, Comercio e Mercado do Concello da Coruña e Lorena Boga, delegada en Galicia de Axuda en Acción. A mocidade e as súas oportunidades de futuro foron o eixo do evento.

A edil Diana María Sobral, destacou o compromiso do Concello da Coruña coa xeración de oportunidades a través do "impulso de políticas activas de emprego", pero engadiu que "ningunha política de emprego é efectiva sen a colaboración de todos". "Administracións, empresas e entidades sociais debemos traballar xuntas para crear un emprego digno", apuntou.

Por ese motivo destacou o evento organizado por Axuda en Acción España: "Este tipo de iniciativas son fundamentais porque conectan directamente aos mozos co mercado laboral e bríndanlles as ferramentas necesarias para acceder a un emprego con garantías".

Axuda en Acción España promove a inclusión sociolaboral da mocidade a través da educación e o emprego xerando oportunidades e contribuíndo co seu proxecto vital e profesional. A fundación acompaña aos e as mozas nun itinerario integral de orientación e inserción para a educación, a formación e o emprego e faio a través de programas como Impulsa Emprego Novo e Impulsa, ambos con presenza na cidade galega.

Os seus participantes foron os protagonistas deste evento onde puideron coñecer, a través de talleres e mesas redondas, como as competencias brandas son a clave do éxito para o emprego, como a intelixencia artificial pode axudarlles a atopar traballo, as oportunidades de formar parte dunha bolsa de emprego nunha empresa de traballo temporal ou como é o funcionamento dunha empresa. Unha experiencia motivadora para que descubran a súa vocación e competencias e fortalezan o seu proxecto de vida da man de profesionais da Xunta de Galicia, Centro Municipal de Emprego da Coruña, Deloitte, Decathlon, Top Beauty, Gigroup, G-Project, Synergie e Fundación Nortempo, entre outros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión