28 de noviembre de 2025
O futbolista estivo acompañado en María Pita pola alcaldesa, Inés Rey, e polos nenos e nenas gañadores do concurso de postais
José Roberto Gama de Oliveira, Bebeto, premeu esta tarde o botón que acendeu as luces de Nadal na cidade, nun acto celebrado na praza de María Pita, onde tamén abriu ao público o Mercado de Nadal. A alcaldesa, Inés Rey, acompañou ao ex futbolista do Deportivo durante o evento, no que tamén participaron o gañador e os finalistas do Concurso de Postais de Nadal do Concello.
A cidade conta desde hoxe con case 3 millóns de puntos de luz led e medio milleiro de arcos luminosos espallados polos dez distritos da cidade. O alumeado de Nadal supón un investimento municipal de 770.000 euros anuais. Entre as figuras máis chamativas do Nadal coruñés están, unha vez máis, a esfera luminosa da dársena da Marina e tamén a árbore xigante de luces que habitualmente se situaba no Obelisco. Este ano, por mor das obras de reurbanización dos Cantóns, o abeto de Nadal está emprazado no Parrote.
Ademais, neste Nadal que vólvese a contar cos clásicos teitos de luz na rúa Real e a praza de Azcárraga, tamén hai decoración especial nunha das principais portas de acceso á cidade: Alfonso Molina. A bordo do 'Atalaya', o barco que dá a benvida aos recén chegados pola avenida, instaláronse motivos luminosos cos tres Reis Magos. En sintonía con este achegamento aos principais símbolos da Coruña, tamén hai detalles especiais sobre a fonte de Catro Camiños, onde hai iluminación en forma de paraugas con luces brancas e azuis, un guiño xa tradicional ás históricas celebracións dos éxitos do Real Club Deportivo neste punto da cidade.
Nesta edición do Nadal da Coruña, o Concello instalou case 560 arcos luminosos nas rúas da cidade. A meirande parte deles, ao longo dos percorridos máis transitados e poboados de cada barrio. Aos arcos súmanse centos de motivos navideños e detalles luminosos máis pequenos, que se habilitarán nos báculos de alumeado público.
Máis de 300 eventos ata o 5 de xaneiro
A programación cultural e de ocio do Nadal na Coruña conta este ano con case 300 eventos ata o 5 de xaneiro. Inclúe, como cada ano, concertos, obras de teatro, festivais, visitas guiadas ás casas museo e salas de exposicións, actividades infantís, galas de Nadal...
Aproveitando a celebración do mercado en María Pita, as actuacións das corais e as panxoliñas regresarán á praza, onde tamén haberá representacións teatrais e un concerto de Cántigas da Terra. Os centros cívicos e as asociacións veciñais volverán a acoller festas e talleres de Nadal, así como as visitas de Papá Noel e os Reis Magos.
Tamén haberá máxima actividade nos espazos culturais de referencia da cidade, como o Coliseum, o Teatro Colón ou o Rosalía, sen esquecernos do Ágora ou o Fórum, con programación para todas as idades. Toda a programación poderá consultarse na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello.

23 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible