12 de decembro de 2022
Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro en varios centros educativos do Concello da Coruña
O obxectivo da actividade Campacoles 2022-23 é achegar os nenos e nenas ás diferentes celebracións de Nadal noutros lugares do mundo, aprendendo mentres gozan doutros costumes e tradicións. Descubrirán que, a pesar das diferenzas, a maxia e a ilusión está presente en todas as culturas.
Ademais da temática principal da multicultura e diversidade, terá unha presenza importante a educación en valores que, aínda que se traballa durante todo o ano, nestas datas ten unha maior relevancia.
O máximo de prazas dispoñibles será de 45 persoas participantes en cada centro, distribuídas en tres grupos de idade e o mínimo será de 15 escolares dos seguintes centros:
Para os servizos de madrugadores e comedor, serán necesarias un mínimo de 10 persoas participantes.
Inscrición
As inscricións poderán realizarse ata o mércores 14 a través desta ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Documentos relacionados
7 de maio de 2024
2 de maio de 2024
2 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible