17 de abril de 2024
A UNESCO designou o Día Mundial do Libro na xornada do falecemento de Cervantes e Shakespeare, o 23 de abril, no ano 1616
O 23 de abril é unha data xa clásica para o mundo da literatura e tamén para a industria dos libros.
Foi en 1995 cando a Conferencia Xeral da UNESCO estableceu esta xornada como o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e, por extensión, en toda esa semana celébrase esta efeméride.
E por que o 23 de abril? Ese mesmo día, do ano 1616, faleceron dous escritores de referencia mundial: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Dende o Servizo Municipal de Educación animámosvos a participar desta celebración visitando as Bibliotecas Municipais. Podedes atopar máis información sobre as súas actividades en https://www.coruna.gal/bibliotecas.
18 de setembro de 2024
16 de setembro de 2024
12 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible