Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de abril de 2022

Centenares de escolares participarán este sábado na Feira Matemática

Será inaugurada pola alcaldesa, Inés Rey García, no acto que terá lugar no vestíbulo de Proa de PALEXCO das 10.30 ás 20.00 horas, tamén acudirá Jesús Javier Celemín Sánchez, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Centenares de escolares de toda Galicia participarán este sábado 30 de abril na XV Feira Matemática 2022, organizada pola Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia en colaboración co Concello da Coruña.

Esta décimo quinta edición será inaugurada pola alcaldesa, Inés Rey García, no acto que terá lugar no vestíbulo de Proa de PALEXCO das 10.30 ás 20.00 horas, tamén acudirá Jesús Javier Celemín Sánchez, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego.

XV Feira Matemática

A Feira Matemática, unha xornada pensada para a divulgación desta ciencia, está dedicadca a todas as etapas educativas.

Cada centro, profesor e o grupo de alumnado poden expoñer unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "As matemáticas nos camiños de Santiago".

Para máis información: www.agapema.org

Documentos relacionados

  • Programa XV Feira Matemática (368 KB)
  • Cartel XV Feira Matemática (235 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión