Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2026

Comeza a demolición do edificio en ruínas na rúa Puerto Rico

A alcaldesa, Inés Rey, visitou o lugar para supervisar o proceso de derribo do inmoble, cuxa desaparición reclamban os veciños e veciñas do barrio

O Concello comezou hoxe a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no barrio dos Mallos, que fora declarado en estado de ruína inminente pola concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda. A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta tarde o lugar para supervisar o proceso.  

Este inmoble foi durante anos un foco de constantes problemas para a veciñanza. O edificio padeceu inncendios e nel aloxáronse persoas que xeraban conflitividade na contorna. O Concello enviou reiterados requerimentos aos propietarios do inmoble para que tomaran medidas de conservación e salubridade, mais todas elas foron desatendidas. Finalmente, e tras un longo proceso derivado a inactividade da propiedade, o Concello logrou executar a demolición do edificio de xeito subsidiario, xa que lle xirará os gastos da obra á propiedade. 

"Os edificios que se atopan en estado ruinoso son un problema serio. Primeiro porque son vectores de insalubridaed e focos de accidentes que lle afectan á vida dos veciños e veciñas dos barrios; todos os propietarios teñen a obriga de manter a seguridade e hixiene dos seus inmobles, mais se non o fan o fará, coma neste caso, o Conello, e terán que asumir eles o gasto", subliñou a alcaldesa, Inés Rey, quen recordou que o Concello xa ten executado outras demolicións, coma a do Martinete, buscando garantir a seguridade dos cidadáns. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión