Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2017

Controis preventivo-disuasorios en materia de seguridade viaria

Un condutor dá positivo na proba de alcol cando circulaba pola avenida de Arteixo

Un condutor denunciado por dar positivo na proba de alcoholemia (alcoholemia administrativa), detectado ás 05.20 horas cando se lle deu o alto a un turismo da marca e modelo Citroën Xsara, que circulaba pola avda. de Arteixo e cuxo condutor, un home de 35 anos de idade e veciño da Coruña, presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas.

Realízanselle as probas de determinación do grao de impregnación alcohólica e obteñen estas un resultado POSITIVO (0,67 e 0,58 mg/l.), polo que se lle tramitou a denuncia administrativa que lle podería supoñer unha sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do seu permiso de conducir.

Do vehículo fíxose cargo un coñecido do condutor.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión