Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2019

Cursos de formación en lexislación en materia de servizos preventivos e primeiros auxilios

Dentro do convenio nominativo entre o Concello da Coruña e Cruz Vermella Española para o ano 2019 impartiranse dous cursos, dirixidos a entidades deportivas e federacións, un de formación en lexislación en materia de servizos preventivos e outro de primeiros auxilios

Nos seguintes apartados despregables poderán consultar a información relativa a cada un dos cursos

TALLER DE FORMACIÓN EN LEXISLACIÓN EN SERVIZOS PREVENTIVOS

FINALIDADE

O taller enmárcase dentro do convenio nominativo entre o Concello da Coruña e Cruz Vermella Española para o ano 2019 e ten como finalidade introducir o persoal das entidades deportivas da cidade da Coruña na lexislación en materia de servizos preventivos.

HORARIOS

Os horarios para elixir serán:

  • Mércores 6 de marzo de 2019, de 19.30 a 21.00 horas
  • Martes 12 de marzo de 2019, de 19.30 a 21.00 horas

DIRIXIDO A:

Clubs, federacións, asociacións e demais entidades deportivas do termo municipal da Coruña.

Recoméndase a asistencia de presidentes/as e secretarios/as.

Poderán asistir 2 persoas por entidade.

SOLICITUDES:

As solicitudes enviaranse ao seguinte correo electrónico:

centrodeformacion@cruzroja.es indicando no asunto Taller lexislación SSPP Concello e no correo o nome das persoas asistentes e a entidade.

O prazo para solicitar a asistencia ao taller será:

Do 27.02.2019 ao 06.03.2019 para o taller do 06.03.2019

Do 27.02.2019 ao 11.03.2019 para o taller do 12.03.2019

Nas solicitudes deberán indicar:

  • Entidade deportiva solicitante
  • Nome e apelidos das persoas asistentes (máximo 2)
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico

Aceptaranse solicitudes ata completar a capacidade.

CONTIDO DO CURSO

  1. Marco normativo
  1. Que é un servizo preventivo?
  1. Recursos mínimos
  1. Dispositivos sanitarios

TALLER DE FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS

FINALIDADE

O taller enmárcase dentro do convenio nominativo entre o Concello da Coruña e Cruz Vermella Española para o ano 2019 e ten como finalidade introducir o persoal técnico das entidades deportivas da cidade da Coruña nas prácticas de primeiros auxilios.

HORARIOS

Os horarios para elixir serán:

  • Martes 26 e mércores 27 de marzo de 2019, de 19.00 a 22.00 horas.
  • Martes 2 e mércores 3 de abril de 2019, de 19.00 a 22.00 horas.

DIRIXIDO A

Clubs, federacións, asociacións e demais entidades deportivas do termo municipal da Coruña.

Recoméndase a asistencia de persoal técnico.

Poderán asistir 2 persoas por entidade.

SOLICITUDES

As solicitudes enviaranse ao seguinte correo electrónico:

centrodeformacion@cruzroja.es indicando no asunto Taller para o concello, e no correo o nome das persoas asistentes e a entidade.

O prazo para solicitar a asistencia ao taller será desde o 01.03.2019 ao 22.03.2019.

Nas solicitudes deberán indicar:

  • Entidade deportiva solicitante
  • Nome e apelidos das/os asistentes (máximo 2)
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico

Aceptaranse solicitudes ata completar a capacidade.

CONTIDO DO CURSO

  1. Aspectos xerais. Conduta PAS
  1. Realización e técnica RCP
  1. Obstrución de vía aérea. OVACE. Procedementos en persoas adultas e lactantes
  1. Queimaduras e problemas de termorregulación
  1. Feridas, hemorraxias e técnicas de hemostasia
  1. Diferentes situacións de emerxencia. Casos prácticos

LUGAR

Ambos os cursos realizaranse no Centro de Formación Provincial de Cruz Vermella, rúa Médico Devesa Núñez, núm. 1, 15008 A Coruña

Pode descargar toda esta información nos documentos adxuntos no pé da páxina

Enderezo:

CPR Cruz Vermella. Rúa Médico Devesa Núñez 1. 15008 A Coruña

Documentos:

TALLER DE FORMACIÓN EN LEXISLACIÓN EN SERVIZOS PREVENTIVOS (52 KB)

Taller de formación en primeiros auxilios (53 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión