Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2015

Daniel Díaz Grandío: "O carril bus ten que volver, hai que darlle prioridade ao transporte público, sen condicionantes"

O concelleiro de Mobilidade Sostible cre que a mellora das liñas dos buses é o primeiro paso para renovar o modelo de mobilidade da cidade e confirma que as tarxetas Millennium volverán estar operativas desde mediados da semana que vén

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, avogou na mañá deste venres polo carril bus como un dos mecanismos de mellora do modelo de mobilidade na cidade. “O que está claro é que o carril bus ten que volver”, indicou durante a súa intervención nun programa de radio local, despois de sinalar que os cambios no transporte público son imprescindibles nesa mellora da mobilidade urbana. “Non se poden poñer condicionantes ao transporte público, como non darlle prioridade”, reafirmou. Neste sentido, lamentou que o Plan de Mobilidade (PMUS) trazado polo anterior Goberno municipal, e que a súa concellería ten en estudo, adoecía de “moitos medos, moitas trabas de inicio”, como esa renuncia a darlle prioridade ao bus diante do transporte privado. Tal e como adiantou o responsable municipal, o Concello disporá no primeiro trimestre do ano que vén o estudo que permitirá renovar o mapa de liñas que, indicou, terá como un dos seus eixos o transbordos. “A idea é que cun único transbordo poidas chegar a calquera punto da cidade”, apostou Díaz Grandío.

Por outra banda, o concelleiro confirmou que o Concello volverá a subministrar a tarxeta Millennium desde mediados da semana vindeira, e avanzou que dará prioridade ás persoas usuarias con bonificacións sociais, como as desempregadas, á hora de distribuír o cartón, para despois surtir ás que dispoñen da tarifa xeral. Tamén, Díaz Grandío explicou que os atrasos coas entregas das tarxetas por parte da empresa provedora afectan tamén ás tarxetas metropolitanas que distribúe a Xunta, “que tamén está a sufrir atrasos nas entregas”,  e avogou por un cambio de modelo a unha tarxeta máis “robusta”, que evite os 35.000 ou 40.000 cambios aos que o Concello se ve obrigado ao ano por roturas do dispositivo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión