19 de xaneiro de 2017
Debido a unha intervención no incendio de dous colectores, un individuo foi detido por un presunto delito de danos en bens públicos.
Ás 23.20 horas e a través dunha chamada á sala do 092, infórmase de que estaban a arder dous colectores de lixo inorgánicos na rúa Durán Loriga.
Ao lugar desprazouse unha dotación da Policía Local que verificou os feitos e procedeu ao aviso dunha dotación de bombeiros, que se presentou no lugar, extinguiu o lume pero quedaron ambos os colectores inservibles.
No lugar presentáronse dúas testemuñas que informaron os policías de que viron un mozo revolvendo nos colectores e un que manipulara estaba xa ardendo.
Tras tomar nota da descrición detallada do individuo e da súa vestimenta, realizouse unha procura pola zona e foi atopado na rúa Bailén. Os axentes procederon ao cacheo e atopáronlle un chisqueiro. Tratábase dun home de 34 anos de idade con domicilio neste municipio e xa coñecido polos policías por feitos similares, polo que procederon á súa detención e informárono "in situ" e de forma verbal e clara dos motivos da detención e dos dereitos que o asisten. Os policías investigan se pode ter tamén relación coa queima de varios colectores na mesma tarde nas rúas Páramo e Canceliña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible