Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2025

El Último de la Fila actuará no estadio municipal de Riazor o 13 de xuño de 2026

As entradas para a actuación sairán á venda o vindeiro 29 de maio

El Último de la Fila, un dos conxuntos de referencia do pop español, regresa aos escenarios no ano 2026 cunha xira por estadios e farán parada na Coruña para actuación no municipal de Riazor. O seu concerto será o 13 de xuño do vindeiro ano e as entradas sairán á venda este 29 de maio.

"Desde o Goberno de Inés Rey continuamos apostando polos grandes eventos musicais como marca distintiva que nos converte na gran potencia cultural do noroeste", indicou Gonzalo Castro. Manolo García e Quimi Portet confirmaron a volta aos escenarios de El Último de la Fila, un acontecemento que sen dúbida supón unha das noticias máis esperadas do panorama musical. Tras tres décadas de ausencia dunha das bandas máis influentes da historia do pop rock español, o seu regreso materializarase nunha xira que a partir da primavera de 2026 percorrerá diversas cidades e revivirá un repertorio que forma parte do patrimonio cultural de diversas xeracións.

Este será o primeiro evento musical no estadio desde que en 2022 se celebrara en Riazor a primeira edición na cidade do Morriña Festival, con dous xornadas nas que actuaron artistas da talla de Black Eyed Peas, Maluna ou Franz Ferdinand. "O noso obxectivo é que este recinto municipal compaxine a súa actividade deportiva coa musical e cultural, coa vista posta na futura reforma que acometeremos para o Mundial 2030", indicou Castro.

Formado en 1985 en Barcelona sucedendo a Los Rápidos e Los Burros, El Último de la Fila irrompeu na escena musical co seu estilo único, fusionando influencias rock, pop e flamencas. Cunha traxectoria repleta de recoñecementos e múltiples discos de ouro e platino alcanzaron un éxito sen precedentes en España, Europa e Latinoamérica. Desde a súa separación oficial en 1998, tanto García como Portet desenvolveron frutíferas carreiras en solitario, pero o clamor xeral por unha reunión nunca cesou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión