7 de marzo de 2022
O prazo de participación no concurso, que consiste na gravación dun vídeo dun minuto, finaliza o 14 de marzo
Emalcsa promove o concurso de vídeo "A auga nun minuto" con motivo do Día Mundial do Auga 2022. A temática deste ano, seguindo o lema marcado polas Nacións Unidas será "A auga subterránea: facer visible o invisible". Así, haberá que enviar un vídeo dun minuto de duración como máximo sobre esta temática abordada desde calquera perspectiva: ambiental, hixiénico-sanitaria, educativa, de lecer.
Participación
O prazo de participación xa está aberto e finaliza o 14 de marzo co obxectivo de que o 22 de marzo, Día Mundial da auga, as persoas e centros gañadores teñan un encontro.
Como o ano pasado, os participantes deben pertencer ao ámbito territorial de actuación de Emalcsa: os concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral.
Categorías e premios
Con obxectivo de facer máis atractivo o concurso, este ano haberá dúas categorías. A de menores de 18 anos está deseñada a nivel grupal para que tanto os centros escolares como calquera tipo de asociación ou entidade poidan enviar vídeos. Haberá tres gañadores que levarán 500, 250 e 100 euros de premio para o centro ou entidade responsable, así como un diploma e agasallo particular para todos os membros do grupo gañador.
Na categoría de maiores de 18 anos, con todo, haberá a posibilidade de participar de xeito individual ou grupal. Pretende incorporar propostas dun carácter máis profesional e, neste caso, os premios só serán os metálicos (500, 250 e 100 euros).
Obxectivo
O obxectivo do certame é crear unha corrente de opinión e un debate público sobre a auga desde diferentes perspectivas e, no caso deste ano, resaltar a importancia dun ben tan relevante como a auga subterránea, normalmente invisible para as persoas.
Ligazón ás bases completas.

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible