Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

5 de febreiro de 2020

EMVSA adxudica as obras de construción do complexo deportivo do Castrillón por un importe de 1,5 millóns de euros

A empresa municipal aprobou as bases dunha convocatoria para a incorporación de novos pisos a un banco de vivendas de aluguer destinadas a persoas que viven en asentamentos precarios da cidade

O Consello de Administración de EMVSA (Empresa Municipal Vivenda Servizos e Actividades) aprobou esta mañá na reunión que tivo lugar en María Pita a adxudicación das obras do polideportivo do barrio do Castrillón á empresa Desarrolla Obras y Servicios SL por un importe de 1.536.000 euros e un prazo de execución de dez meses.

O complexo deportivo, cunha superficie de 3.060,45 metros cadrados, contará con dúas plantas e baixo. A primeira planta, con 2.340,60 metros cadrados, albergará a piscina, o spa (pediluvio, sauna de vapor, sauna seca, ducha escocesa, ducha biotérmica, ducha cubo, ducha tres estacións), a pista polideportiva, aseos adaptados e vestiarios para monitoras/es e persoas usuarias. A segunda planta, con 571,75 m2, albergará os vestiarios para mulleres e homes e as salas de actividade deportiva. Con esta actuación, o Goberno local dá resposta a unha vella demanda da veciñanza do Castrillón que leva anos solicitando que se dote o barrio con infraestruturas deportivas.

Na sesión de hoxe, a empresa municipal tamén lles deu luz verde ás bases dunha convocatoria pública para a incorporación de vivendas a un banco de pisos de aluguer para persoas en situación ou risco de exclusión social que vivan en asentamentos precarios, en especial para o realoxamento da veciñanza que vive nas unidades de convivencia da Pasaxe, e que non dispoñen de ingresos. Estas bases regularán de maneira transitoria os procedementos e criterios de captación e selección das vivendas que xestionará EMVSA para mitigar a situación de colectivos en risco de exclusión social, mentres no entre en vigor o regulamento de adxudicación de vivendas que, na actualidade, está a tramitarse no Concello.

As bases establecen que o réximen de adxudicación das vivendas será en arrendamento e o consello de administración de EMVSA será o encargado da xestión do Banco e de lles garantir os cedentes das vivendas que se inclúan no banco, o cobro das rendas, a reparación dos danos causados polo uso dos pisos e o depósito da fianza arrendaticia no Instituto Galego de Vivenda e Solo. Ademais, o director xeral de EMVSA subscribirá co titular o acordo de cesión, asesorará e proporcionaralles toda a información ás posibles persoas beneficiarios e contratará as pólizas de seguros correspondentes.

En canto aos requisitos para a incorporación das vivendas, os cedentes deberán acreditar a titularidade dela, que debe estar situada no termo municipal da Coruña e non ter ningún tipo de carga ou gravame que impida o seu arrendamento por EMVSA. Ademais, deberán presentar un bo estado xeral de conservación en mantemento, dispoñer de equipamento básico e dun certificado de eficiencia enerxética. Os servizos técnicos de EMVSA inspeccionarán a vivenda antes da súa incorporación ao banco.

As vivendas cederanse por un prazo mínimo dun ano e a renda máxima para percibir será de 600 euros ao mes, aínda que existe a posibilidade de que a cesión sexa gratuíta. As contías poderanse incrementar ata un 10% se a vivenda dispón de garaxe ou rocho. Para a determinación da renda terase en conta o número de dormitorios e a accesibilidade. Se a vivenda ten catro ou máis habitacións, a renda será a máxima. Se ten tres dormitorios, a cantidade será de 540 euros, e 480 euros se tan só dispón de dous.

A convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web de EMVSA (www.emvsa.es) e as persoas interesadas terán un prazo de dez días para presentar a solicitude e a documentación necesaria.

No ámbito das subvencións para o aluguer social, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que a súa concellería está a traballar noutra convocatoria para a captación de vivenda e axudas para a poboación que se encontra nunha situación máis normalizada pero que tamén as requiren. Na actualidade, xa existen promocións de vivenda destinadas integramente a colectivos desfavorecidos como é o caso de Marqués de Pontejos e do Ofimático.

E, por último, o consello autorizou o documento de ingresos e gastos e o programa anual de actuacións, investimentos e financiamento para o exercicio 2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión